Acondicionan no colexio de Laxe unha plataforma para os autobuses

Infraestruturas educativas
Manuel Lavandeira
O alcalde de Laxe, José Luis Pérez, á dereita, diante do CEIP Cabo da Area. Foto: Concello de Laxe

Laxe. Esta semana a Consellería de Educación comezou os traballos de mellora e acondicionamento no acceso ao CEIP Cabo de Area de Laxe, que inclúen intervencións tanto no firme como en varios portais do recinto. Prevese que as obras estean rematadas de cara ao inicio do vindeiro curso.

A actuación de máis calibre é a que contempla o asfaltado dunha nova plataforma para autobuses, unha antiga demanda da comunidade educativa para mellorar e incrementar a seguridade do alumnado. O orzamento ascende a 25.773 €.

Por outra banda, tamén se está acometendo a ampliación do portal de acceso ao colexio para os vehículos de transporte escolar así como pequenas actuacións de mantemento en varios portais do recinto por un importe de 9.928 €. Desde o goberno local agradecen a boa disposición da consellería para “mellorar a seguridade dos usuarios”. M. L.