Agradecemento en bolsa aos clientes do centro comercial aberto de Carballo

Comercio local
Manuel Lavandeira
Bolsas de agradecemento aos clientes do Centro Comercial Aberto de Carballo. Foto: CCA

BERGANTIÑOS. O Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo comezou xa o reparto de bolsas corporativas entre os seus asociados, as cales incorporan mensaxes de agradecemento aos seus clientes. “Esta persoa fai grande Carballo” e “Esta persoa mantén viva esta rúa” son as fraxes que se poderán ler nas dúas caras das bolsas coas que agasallarán aos seus compradores. Dende o CCA pretenden así “destacar o esencial papel que teñen os nosos clientes na vida diaria do noso comercio e da nosa vila”. Queren ademais “agradecer aos clientes do noso comercio a súa fidelidade e acompañamento nestes tempos en que a pandemia nos puxo a proba a todos”. As innovadoras bolsasforon elaboradas en dous tamaños e pronto poderán verse xa nas rúas, pois serán repartidas coincidindo coa campaña comercial de primavera. M. LAVANDEIRA