Ana García expón ‘Mar de Ardora’ no centro sociocomunitario de Caión

Exposición fotográfica
Manuel Lavandeira

Mar de Ardora é o termo co que se denomina o fenómeno que provoca que a auga do mar brille na escuridade. Este espectáculo natural dáse en zonas específicas do océano e baixo unhas condicións moi concretas.

A fotoperiodista Ana García vén documentando desde o ano 2020 a beleza deste fenómeno na Costa da Morte, traballo que ofrece ao público na exposición itinerante Mar de Ardora, que pode verse ata o 30 de novembro, de luns a venres de 17.00 a 20.00 horas, no centro sociocomunitario de Caión (A Laracha).

A mostra consta de 16 fotografías nas que se pode contemplar a bioluminiscencia do Mar de Ardora cunha combinación doutros fenómenos como o ariglow (luminiscencia nocturna) e a chuvia de estrelas.