Andaina contra o cancro en Malpica

Solidariedade
Manuel Lavandeira
Vista de Malpica de Bergantiños. Foto: Concello de Malpica

Bergantiños. O Concello de Malpica e a Asociación Española contra o Cancro organiza a andaina solidaria este domingo día 24. Sairán ás 10.30 horas da Fonte de Villar Amigo e pasarán por San Antonio, Castelo Seixas, Ardeleiro e Lapachán antes de volver ao inicio. Terá como lema En marcha contra o cancro, e os interesados aínda poden inscribirse na ligazón RockTheSport (contraelcancer.es) ou contactando con Carmen do Vilar (Leiloio), Casa de Lexi do Correo (Buño), Rosa María (Cambre), U.D. Cerqueda (Cerqueda), Jofra Peluquería, Ana Ures ou Peluquería Cristal (Malpica). O custo é de cinco euros para maiores de doce anos e de tres para os nenos e nenas. Todos recibirán unha pañoleta. M. Lavandeira