Andaina solidaria coa loita contra o cancro en setembro por A Laracha

Solidariedade
Manuel Lavandeira
A andaina solidaria pasará pola área recreativa de Gabenlle. Foto: Concello da Laracha

Bergantiños. A agrupación local da Asociación Española contra o Cancro da Laracha, coa colaboración do Concello, programou para o tres de setembro unha andaina solidaria. Partirá ás 11.00 horas da Praza Olone sur Mer e discorrerá pola avenida Doctor López Astray ata a área recreativa, para continuar polo paseo fluvial ata o lugar de Leborís antes de voltar ao punto de partida.

As persoas interesadas poden inscribirse na Farmacia María Jesús Pereiro (981 643 005), na Frutería Sandra (620 888 439) ou chamando a Rocío (649 492 769), Belén (679 988 748), Montse (667 031 946) ou Pili (637 538 190). Tamén se pode tramitar a inscrición na web https://enmarcha.contraelcancer.es/es/evento/a-laracha-en-marcha-contra-o-cancro. O custo é de 5 euros para as persoas adultas e de 3 para os nenos e nenas ata os 12 anos. A recadación irá destinada ás actividades de investigación da Asociación Española de Loita contra o Cancro. M. Lavandeira