Animación e cine galego nas noites de Carballo

Cultura
Manuel Lavandeira
A contorna da praia de Razo acollerá a proxección de ‘A illa das mentiras’ o 15 de xullo. Foto: Turismo de Galicia

Carballo. A Concellaría de Cultura, coa colaboración da Deputación da Coruña, recupera as proxeccións de cine ao aire libre dentro da programación do Verán Cultural.

Animación, aventuras e o mellor cine galego marcarán o comezo deste novo ciclo. O 9 de xullo proxectarase A galiña turuleca na rúa Jacinto Amigo (22.00 horas), e o día 15 á mesma hora, A illa das mentiras. Neste caso o escenario será a praia de Razo.

En agosto chegarán Spider-Man á praia do Sal-Baldaio (día 12), e Ons, que poderá verse na rúa Jacinto Amigo (día 19). En todos os casos as sesións comezarán a partir das 22.00 horas. M. L.