Arrinca na rede o concurso de escaparates de Nadal dos comercios de Laxe

Nadal 2022
Manuel Lavandeira
Escaparate de D’Troula

Laxe. A segunda edición do certame de escaparates de Nadal de Laxe abre este mércores o prazo para que os internaturas poidan votar no Facebook municipal e a través do servizo de mensaxería NovasLaxe polo establecemento que lle guste máis.

Participan D’Troula, Estanco Casa López, Perruquería Azabache, Alquimia Parafarmacia e Farmacia Enma González. O escaparate gañador será o que acade unha maior puntuación. A resolución, a entrega de diploma e do agasallo conmemorativo realizarase o 9 de xaneiro.

O obxectivo do concurso é darlle maior visibilidade aos establecementos durante o Nadal e promover que a veciñanza e as persoas que visiten Laxe merquen os seus agasallos na vila. M. Ramos