Artesanía, teatro, igoa e música tradicional no mercado Marusía en Ponteceso

Celebrarase o día 16 de xuño no Xardín Vello // Rematará cunha queimada
Artesanía
Manuel Lavandeira
Monumento a Eduardo Pondal no xardín do paseo fluvial de Ponteceso. Foto: Concello de Ponteceso

Ponteceso acollerá o vindeiro día 26 de xuño o mercado artesanal Marusía, organizado por Mulleres do Pobo coa colaboración do Concello. Abrirá ás 11.00 horas, no Xardín Vello, e complementarase con diversas actividades ao longo de todo o día. Entre estas, incluirase ioga á beira do mar con Lila Búa ás 11:30 horas; o monólogo Miña nai querida, con Bea Sanvil, ás 12:30 horas; ou o preestreo de Isolada coa Compañía Pajarito na Praza da Ribeira ás 20:00 horas.

Ademais, o mercado será amenizado con música tradicional no Xardín Vello a cargo de Ramón Burillo (13.00 horas), Cecilia Burillo (19:00 horas) e Os Farrapos (20.30 horas). A xornada rematará co conxuro e unha queimada a partir das 23:00 horas.