Berocasión de Carballo será en setembro

Celebrarase do 1 ao 4 e amplíase un día máis // A feira do vehículo de ocasión cumpre dezasete anos // Axober asume as rendas da organización do evento
Automóbiles
Manuel Lavandeira
Exposición de vehículos nunha edición anterior de Berocasión. Foto: Berocasión

Berocasión cumpre 17 anos consolidada como unha das feiras do sector do vehículo de ocasión máis importantes de Galicia. E para que siga sendo así, Axober, en colaboración co Concello de Carballo volve a levar as rendas da organización. O mércores mantiveron a primeira toma de contacto cos participantes en edicións anteriores.

Na xuntanza acordaron que a vindeira edición celebrarase do 1 ao 4 de setembro, engandindo así un día máis respecto a feiras anteriores. Manterá o formato de xornada de portas abertas, con horarios de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. Calquera empresa que desexe información para participar pode dirixirse a Axober a través do e-mail informacion@axober.org ou chamar ao 981 756 313.