Cabana despediu o programa Meniñeiro

Conciliación familiar
Manuel Lavandeira
Os nenos e nenas que participaron no programa Meniñeiro acudiron disfrazados no último día. Foto: Concello de Cabana

Cabana. Os nenos e nenas do Concello de Cabana de Bergantiños, nados entre os anos 2010 e 2018, remataron o Meniñeiro 2022, un programa de lecer para o verán cunha ampla variedade de actividades lúdicas e educativas. No último día, as rapazas e rapaces acudiron disfrazados e disfrazadas.

A iniciativa desenvolveuse ao longo dos meses de xullo e agosto en catro quendas na casa da cultura da capital municipal. Desde o Concello cabanés queren destacar “a boa acollida deste programa un ano máis, así como o comportamento das pequenas e pequenos, que xa fora exemplar o ano pasado coas restricións sanitarias”. M. LAVANDEIRA