Cabana presenta o programa deportivo do mes de xuño

O requisito para a inscrición é posuír o carné municipal // As actividades comezan o vindeiro martes
Deporte
Redacción WEB
Alfonso Rueda e Gonzalo Trenor achegáronse o pasado mes de xaneiro a Cabana para coñecer as melloras levadas a cabo no pavillón municipal. Foto: Arquivo.

Cabana. O Concello de Cabana abre o periodo de inscrición para o programa deportivo do mes de xuño, no que para poder participar é requisito indispensable posuír o carné municipal. Dende o consistorio informan de que haberá grupos reducidos de máximo 10 persoas para o total cumplimento das medidas COVID.

A programación dará comezo o martes 1 de xuño e para inscribirse terán prioridade aquelas persoas xa matriculadas con anterioridade. O prazo será efectivo do 26 ao 28 de maio, ambos inclusive. Os que desexan apuntarse por primeira vez nalgunha das actividades terán que confirmar se quedan prazas libres enviando unha mensaxe de whatsapp ao número 653 13 31 44.

Entre as actividades programadas está ximnasia terapéutica, de 10:00 a 11:00 horas os luns; ximnasia de mantemento, os martes e xoves de 10:00 a 11:00 horas; aeróbic, zumba e step os luns, mércores e venres de 21:00 a 22:00 horas e pilates, os martes e xoves de 18:00 a 19:00 horas.