Calvo loa os gobernos municipais do Partido Popular en Bergantiños

Política municipal
Manuel Lavandeira
Diego Calvo, quinto pola dereita, con representantes do PP de Bergantiños. Foto: PP

Carballo. O presidente do PP provincial, Diego Calvo, e o seu secretario xeral, Evaristo Ben, mantiveron este luns unha reunión cos alcaldes e representantes populares na comarca de Bergantiños “para manter ao partido vivo, en escoita permanente e traballando na confección dos mellores equipos” co obxectivo de afrontar con plenas garantías a cita coas urnas locais.

Aproveitou a presenza dos alcaldes de Cabana, Laxe, Malpica, Coristanco e Laracha para destacar que na comarca de Bergantiños “os veciños teñen bos exemplos do que supón contar cun goberno do Partido Popular”.

Subliñou ademais que “aquí non vimos prometer cousas que non teñamos demostrado. Aquí basta con botar unha ollada do que son capaces de ofrecer os nosos alcaldes e comparalo cos problemas que existen en Ponteceso, cun alcalde en minoría e con só dous apoios, ou co proxecto caduco de Evencio Ferrero en Carballo”, asegurou. M. L.