Carballo abre o prazo de solicitudes de subvencións para entidades deportivas

O valor das axudas increméntase este ano ata alcanzar os 114.000 euros
Deporte
Redacción WEB
Pavillón polideportivo Vila de Noia, de Carballo.

Carballo. Tras a publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP), comeza a contar o prazo de solicitude de subvencións do Concello de Carballo en materia de deporte, unha cantidade que ascende ata os 114.000 euros.

Os pedimentos para o programa dirixido a entidades deportivas para o financiamento de proxectos de actividade xeral durante este ano xunto co de axudas para a organización de eventos, poden solicitarse ata o 1 de xuño.

Por outra parte está pendente de publicarse a convocatoria para o financiamento da organización e participación en fases finais de ascenso a competicións nacionais e campionatos de España.

Dende o consistorio informan de que todas as dúbidas e consultas sobre a xestión do procesamento serán atendidas polo servizo de Deportes, de xeito presencial e con cita previa ou ben a través do teléfono ou correo electrónico.