Carballo eliminará a listaxe de agarda do servizo Xantar na Casa

Servizos Sociais
Manuel Lavandeira
En Carballo ampliarán en vinte o número de prazas, acadando un total de oitenta

Bergantiños. O Concello de Carballo e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar asinaron un novo convenio de colaboración para ampliar de 60 a 80 as prazas do programa Xantar na Casa. Deste xeito eliminarase a listaxe de agarda e prestarase o servizo a todos os veciños e veciñas que o tiñan solicitado. Mediante este servizo de comida a domicilio é posible garantir unha alimentación adaptada ás necesidades das persoas maiores ou dependentes que non poden valerse por si mesmas para cubrir as súas necesidades básicas relacionadas coa compra ou elaboración de menús, e ás que se lles ofrece un xantar personalizado e adaptado ás súas necesidades. M. Lavandeira