Charla do catedrático Ángel Carracedo no IES Eduardo Pondal de Ponteceso

Será este martes, día 10 ás 17.30 horas, e será aberta ao público que desexe participar
Ciencia
Manuel Lavandeira
Ángel Carracedo impartirá este martes unha conferencia no IES Eduardo Pondal de Ponteceso. Foto: ECG

Este martes, día 10 de xaneiro ás 17.30 horas, Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal, investigador e experto internacional en xenética, impartirá unha conferencia no IES Eduardo Pondal de Ponteceso baixo o título Falemos de xenes e ambientes.

A actividade, organizada polo Club de Ciencias do instituto pontecesán, será aberta ao público, segundo informa Clara Regueira, coordinadora do mesmo. Aquelas persoas interesadas en asistir deberán enviar un correo a clubcienciainformatica@gmail.com.