Ciclo formativo de xestión comercial para as redeiras

Formación
Manuel Lavandeira
Redeiras traballando

MALPICA. A Fundación Artesanía de Galicia, en colaboración coa Consellería do Mar, organiza un curso de formación especializado dirixido ás redeiras artesás galegas, no marco do proxecto Enredadas. Neste caso a especialidade é a de Xestión básica da actividade comercial. Análise de produción e prezos de venda. O obxectivo é que as redeiras poidan desenvolver esa parte da súa actividade que está enfocada noutros ámbitos como a moda, os complementos ou a decoración. A inscrición pode formalizarse a través da páxina web da fundación. O curso será online e terá lugar do 26 de outubro ao 25 de novembro, en horario de 18.00 a 21.00 horas, segundo informa a Xunta. M. L.