Concerto de Simón Gallego na igrexa parroquial de Corme

Será o venres, día 16 a partir das sete da tarde // A actuación foi programada pola Asociación Cultural Insua de Viastela en honor ao almirante Mourelle de la Rúa
Música
Manuel Lavandeira
Simón Gallego actuará este venres na vila mariñeira de Corme. Foto: ECU

O vindeiro venres, día 16 de xullo ás 19.00 horas terá lugar un concerto de música clásica promovido pola Asociación Cultural Insua de Viastela na igrexa parroquial Nosa Señora dos Remedios de Corme. O protagonista será Simón Gallego, o primeiro galego en formarse na prestixiosa universidade Berklee College of Music de Boston. Actualmente forma parte do Coro e a Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia.

A xuventude de Simón (A Coruña, 2003) non fai senon aportar enerxía. Ademais de tocar violín e piano, canta, compón e escribe. Xa leva tres títulos publicados: Bus para el otro barrio, La ciudad de las moscas doradas e Sala de reflejos, a súa última obra, editada por ECU editorial.

O concerto pretende ser “unha consideración á memoria do almirante Mourelle de la Rúa no día da patroa do mar e da Armada”, afirman os directivos de Insua da Viastela.