Concerto de Xabier Díaz no día da Feira das Cereixas de Paiosaco

Festas
Manuel Lavandeira
Xabier Díaz e Adufeira de Salitre actuarán o 4 de xullo en Paiosaco

A Laracha. A Feira das Cereixas de Paiosaco, recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia, celebrarase o vindeiro 4 de xullo.

Consciente da importancia da data, o Concello da Laracha programou para esa noite un concerto de primeiro nivel que terá como protagonistas a Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre. Co propósito de controlar dun xeito óptimo os accesos, terá lugar no recinto do CEIP Alfredo Brañas a partir das 22.00 horas.

En todo caso, o concerto celebrarase cun estrito cumprimento da normativa para eventos culturais destas características e as condicións do mesmo estarán suxeitas a posibles cambios de acordo ás medidas que poidan establecer ao respecto as autoridades sanitarias.

As entradas serán de balde. Para poder asistir habilitarase o martes (día 22) un formulario de inscrición na web alaracha.gal, dando a opción de anotarse unha única persoa ou un grupo de convivintes (máximo seis). M. L.