Convenio para construír unha nova estación depuradora en Coristanco

Infraestruturas hidráulicas
Manuel Lavandeira
Valentín García, á esquerda, e Juan Carlos García durante a firma do convenio para construír a EDAR. Foto: D. C.

Coristanco. O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, e o alcalde de Coristanco, Juan Carlos García, asinaron este venres o convenio para a construción da nova EDAR de San Paio, un proxecto que suporá un investimento de 267.772 euros, do que o 80 % será asumido polo ente provincial.

Segundo explicou Formoso, trátase dunha actuación prioritaria para Coristanco ante a inexistencia desta infraestrutura de interese público. Lembra que o Concello está a asumir varios expedientes sancionadores pola falta dunha depuradora de augas residuais que eviten as verteduras ao río Vao, afluente do río Anllóns.

“É unha obra urxente para Coristanco, xa que dará por fin un servizo básico no municipio a un millar de persoas, evitará a contaminación dos seus ríos, e por outra banda, favorecerá o impulso do Proxecto Anllóns de Turismo sostible que promovemos desde a Deputación da Coruña”, apuntou o presidente.

A infraestrutura dará servizo a un millar de veciños e veciñas de Coristanco e fará realidade unha antiga demanda do municipio. A actual rede non ten tratamento previo, polo que é prioritaria a instalación desta nova estación depuradora. M. LAVANDEIRA