Convidan ós cabaneses a aportar ideas para deseñar unha mobilidade sostible

Urbanismo
Manuel Lavandeira
Senda do Rego dos Muíños en Cabana de Bergantiños. Foto: Concello de Cabana

Caba. Os veciños e veciñas de Cabana de Bergantiños está convidados a participar activamente na elaboración do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS), cuxo obxectivo principal é implantar as formas de desprazamento que fagan compatibles o crecemento económico, a cohesión social e a defensa do medio ambiente para garantir unha mellor calidade de vida á cidadanía.

Con tal fin, a administración local preparou unha enquisa para contestar en liña (https://bit.ly/3vwn3Xy) e que pode cumplimentar toda persoa “que desexe ser partícipe dun Concello de Cabana máis amable co medio”, afirman.

Desde o goberno local, que preside José Muíño Domínguez, agradecen “de antemán” que a veciñanza se involucre nun ámbito “a nivel colectivo e de máxima importancia”, que marcará o “devir do noso modo de desprazarnos para contribuír á disminución da pegada de carbono no planeta”, engaden. M. L.