Corazóns solidarios para a recollida de tapóns de plástico en Malpica

Servizos municipais
Manuel Lavandeira
Walter Pardo, alcalde de Malpica, al lado de uno de los Corazones Solidarios. Foto: Concello de Malpica

O Concello de Malpica, a través das concellarías de Medio Ambiente e Servizos Sociais, continúa coa súa firme aposta polo coidado do medio á par que impulsa axudas a causas sociais. Recentemente instaláronse catro novos colectores baixo a denominación de Corazóns Solidarios, que funcionarán como recollida de tapóns de plástico e lle darán tamén outro aspecto ás rúas malpicás.

Lembramos que ao longo do termo municipal xa se instalaron diante do Centro Cívico, a carón da parada de taxis, na entrada do CEIP Xoaquín Rodríguez Otero e no parque García Alén, de Buño.