Coristanco, Cee, Laxe, Carballo e Ponteceso pasan ao nivel básico de restricións

Estará permitida a mobilidade e a hostalaría poderá abrir ata as 23:00 horas, a partir desta medianoite
COVID
Lorena Rey
Manifestación do sector hostaleiro da Costa da Morte o pasado luns 30 de novembro.

O comité clínico que asesora á Xunta na xestión da pandemia estableceu novas medidas de restricións tras unha longa reunión celebrada na tarde deste martes, que se comunicaron esta mañá en rolda de prensa polo conselleiro de Sanidade, Julio Comesaña.

Coristanco, Cee, Laxe, Carballo e Ponteceso pasan ao nivel básico de restricións, polo que se suprimirá a limitación de mobilidade. Ademais, a hostalaría poderá abrir ao 50% da súa capacidade no interior e ao 75% no exterior, ata as 23.00 horas. As agrupacións nas mesas poderán ser de ata seis persoas e as reunións poderán ser dun máximo de seis persoas convivintes ou non.

Estas medidas entrarán en vigor esta medianoite.