Corme acolle o luns a unidade móbil para atender aos doantes de sangue

Solidariedade
Manuel Lavandeira
A unidade móbil estará ubicada na Praza da Ribeira en horario de mañá

A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue acudirá o luns, día 7 de novembro, a Corme (Ponteceso), para atender ás persoas que desexen colaborar doando sangue. Estará ubicada na Praza da Ribeira, dende ás 10.30 ata as 14.00 horas.