Creatividade escolar para camiñar cara a inclusión da man de Íntegro

Concurso
Manuel Lavandeira
Entrega de premios aos escolares do CPI As Revoltas, de Cabana de Bergantiños. Foto: Íntegro

Cabana. O concurso escolar Camiñando cara a inclusión, convocado pola asociación Íntegro dentro das actividades conmemorativas do trinta aniversario, xa ten gañadores. Participaron máis de 20 centros de primaria da Costa da Morte. O obxectivo é promover valores como a inclusión e a igualdade no ámbito educativo. Os gañadores na modalidade de debuxo foron os alumnos de 1º do CPI As Revoltas, de Cabana, mentres que en poesía o premio foi para o alumnado de 4º do CEIP Labarta Pose, de Baio (Zas). Na categoría de narrativa os vencedores foron os escolares de 6º do CEIP O Areal, de Camariñas.

A elección dos gañadores levouse a cabo seguindo as bases da convocatoria, entre os que destacaban a creatividade, orixinalidade e calidade dos traballos ademais doutros valores engadidos como a mensaxe, a accesibilidade e a implicación máis alá da aula. Recibiron como premio unha tablet, un diploma e unha chapa conmemorativa. M. Lavandeira