Críticas da oposición ante as carencias nalgunhas praias de Ponteceso

Política municipal
Manuel Lavandeira
Acto de izado da bandeira azul na praia de Balarés. Foto: Concello de Ponteceso

O Concello de Ponteceso é un dos poucos que conta con tres banderas azuis nas súas praias: Osmo, Balarés e A Ermida. Un distintivo que avala a calidade das súas augas e servizos, a pesares de que, dende a oposición veñen de denunciar algunhas carencias.

Así, dende o grupo dos non adscritos (exsocialistas) aseguran que o areal do Osmo non conta con baños e que carece tamén de “posto de salvamento con punto de electricidade e auga quente”. A concelleira Raquel Fondo sinal que ela mesma viu “como os socorristas atendían a un bañista por unha picada de escarapote e non tiñan auga para tratar a picadura”. Critican ademais que non estén expostos os plans de emerxencias e os resultados da calidade da auga.

“Todo esto repítese na praia da Ermida”, engaden, polo que se preguntan “como é posible que con todas estas deficiencias se atreva o equipo de goberno a presumir de bandeiras azuis?”