Denuncian a acumulación de madeira e restos dunha tala nunha estrada de Soandres

Xoán Sande, portavoz do BNG, pide ao goberno da Laracha que faga cumprir a ordenanza municipal
Denuncias
Manuel Lavandeira

O portavoz do BNG da Laracha, Xoán Sande, asegura que “semella que algunhas empresas campan ás súas anchas no concello”. Lembra que hai pouco denunciaban o destrozo dun camiño, “e agora temos que denunciar novamente a presenza de madeira e restos dunha tala nunha estrada en Soandres, no cruce da Tapia e Maunlle, no mesmo lugar onde xa o denunciamos hai meses e alí continúa a madeira”, sinala.

O Concello da Laracha conta cunha ordenanza na que se especifica “moi clariño”, engade o voceiro nacionalista, que as empresas teñen que deixar limpas as estradas e camiños despois dos traballos de retirada da madeira dos montes, “o prazo no que o teñen que facer, e as sancións que pode impór o concello cando iso non se cumpre”. Por eso, desde o BNG instan ao goberno municipal a tomar as medidas oportunas para facer cumprir a ordenanza.