Dous feridos nunha colisión por alcance de tres turismos na AC-552 en Carballo

Accidentes de tráfico
Manuel Lavandeira
O accidente tivo lugar na estrada AC-552, ao seu paso pola parroquia de Bértoa. Foto: C. C.

Dúas persoas necesitaron asistencia médica en Carballo despois de que colidisen por alcance tres turismos na AC-552, á altura do lugar de Rega, na parroquia de Bértoa. Os feitos producíronse ás 16.30 horas e foi unha persoa particular a que alertou ao 112 Galicia do sinistro.

Acto seguido, o persoal do CIAE 112 Galicia pasou o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, aos Bombeiros de Carballo, a Protección Civil e ao servizo de mantemento da vía de circulación.