‘Elisa e Marcela’ chegan a Caión

Teatro
Manuel Lavandeira
Promoción da obra teatral ‘Elisa e Marcela’. Foto: C. Laracha

A Laracha. O centro sociocomunitario de Caión acollerá este sábado, ás 21:00 horas a obra teatral Elisa e Marcela, da compañía A Panadaría, baseada na historia real do primeiro matrimonio entre dúas mulleres do que se ten constancia en Galicia. Fala da diversidade desde o humor, a música e a perspectiva de xénero, e aspira a recuperar a memoria dun feito da nosa historia do que neste 2021 se fan os 120 anos.

A entrada é gratuíta ata completar a capacidade máxima da sala. En cumprimento das medidas sanitarias para previr os contaxios da covid, as persoas asistentes como público deberán portar máscara facial durante toda a función. Este evento é organizado polo Concello da Laracha e a Xunta de Galicia a través da Rede de Dinamización Lingüística e dentro do programa FalaRedes.