‘Escape room’ cultural en museos da rede Rema

GALP
Manuel Lavandeira
Museo Man de Camelle

Camariñas. Os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro Galego (GALP) organizarán un xogo online en formato de escape room. Alumnos dos colexios que se sumen á iniciativa terán que resolver un misterio seguindo unha serie de pistas que atoparán de modo virutal nos vinte e sete museos pertencentes á Rede de Espazos con Contido Museístico Atlántico (Rema). Os cinco centros educativos que resolvan o reto nun menor tempo serán convidados o 18 de maio de 2021 a un dos museos para competir nun escape room de temática mariñeira deseñado para a ocasión. Aí decidirase cal é o mellor equipo investigador galego. Os colexios interesados poderán realizar a súa solicitude ata o 31 de decembro a través do correo rema360@redrema.eu. O obxectivo desta iniciativa é promover a difusión do patrimonio mariñeiro atlántico europeo entre os escolares de zonas costeiras galegas a través do uso das tecnoloxías. M. LAVANDEIRA