Exposición sobre o ‘Prestige’ no CEIP Gándara-Sofán de Carballo

20 aniversario
Manuel Lavandeira
Escolares do CEIP Gándara-Sofán contemplando as fotografías de Ramón Busto sobre a catástrofe do ‘Prestige’. Foto: C. C.

O CEIP Gándara-Sofán, de Carballo, acolle estes días unha exposición fotográfica sobre o labor do voluntariado durante a catástrofe do Prestige, composta por imaxes captadas polo fotógrafo Ramón Busto.

A mostra foi visitada polas nenas e nenos de todos os cursos e tamén se achegou ata o centro educativo a concelleira de Planificación, Estratexia Urbana e Contratación, Milagros Lantes.