Extinguido o incendio forestal declarado en Entrecruces na noite deste martes

As lapas calcinaron 3,6 hectáreas de monte arbolado
incendio forestal
Lorena Rey
Mapa satélite de Entrecruces, parroquia de Carballo. Foto: Google Maps

Tras máis de oito horas de traballo, os equipos de emerxencia conseguiron apagar as lapas dun incencio forestal na parroquia carballesa de Entrecruces. A alerta activouse ás 21.38 horas deste martes, onde finalmente as lapas calcinaron 3,6 hectáreas de monte arbolado. Tres axentes, sete brigadas e cinco motobombas foron os encargados de extinguir o lume, sobre as 06.00 horas da madrugada deste mércores. As primerias hipóteses da investigación sinalan que puido ser un incendio intencionado xa que o lume tiña dous focos claramente identificados e diferenciados polo persoal de Medio Rural.