Falece un veciño de Ponteceso tras caer co seu coche ao río Anllóns

Sucesos
Manuel Lavandeira
Río Anllóns, ao seu paso por Ponteceso. Foto: Concello de Ponteceso

Un veciño de Ponteceso, de 63 anos, faleceu este xoves tras caer co seu coche ao río Anllóns. A voz de alarma saltou a media mañá e de seguido comezou un operativo de búsqueda, que localizou a zona pola que se precipitou ao río, moi preto de onde residía o falecido.

Un equipo de buzos da Garda Civil localizou pola tarde o turismo e o cadáver do home no seu interior. Nas labores de rescate participaron efectivos do GES de Ponteceso, da Garda Civil, Policía Local e Protección Civil. O corpo foi trasladado á Coruña para practicarlle a correspondente a autopsia.