Ferido o ocupante dun turismo que se saíu da vía e envorcou en Malpica

Accidente de tráfico
Manuel Lavandeira
Estado no que quedou o vehículo, unha vez excarcerada a persoa que quedou atrapada. Foto: Bombeiros de Carballo

Alertados polo CIAE 112, os bombeiros do parque comarcal de Carballo e membros do GES de Ponteceso auxiliaron ao ocupante dun turismo que quedou atrapado no interior, logo de que o coche saíse da vía e envocarse. Sucedeu pasadas ás once da noite do venres na estrada AC-418, en Malpica.

A persoa ferida atopábase consciente e os equipos de auxilio tiveron que cortar un pilar do turismo e retirar unha porta traseira para poder evacuala. Un equipo de sanitarios do 061 prestáronlle os primeiros auxilios antes de ser trasladada ao hospital en ambulancia.

No vehículo viaxaban outras dúas persoas que puideron saír polo seu propio pé. Ata o lugar tamén se desprazaron axentes da Garda Civil de Tráfico.