Formación para garantir o emprego no medio rural

Foros
Manuel Lavandeira
Zeltia Lado no foro empresarial celebrado na EFA Fonteboa, de Coristanco. Foto: Xunta Galicia

CORISTANCO. A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, participou este venres en Coristanco no foro empresarial Formación profesional e emprego, celebrado na EFA Fonteboa, onde animou á mocidade a aproveitar as oportunidades que ofrece a formación profesional para o emprego no medio rural. Destacou a importancia de formarse para poder acceder ao mercado laboral, para a especialización nunha área profesional ou a reciclaxe. “A cualificación permítelle á persoa elixir, comprender e adaptarse a un mercado laboral cada vez máis competitivo e global e reforza a resiliencia da sociedade”, apuntou.

Así mesmo, e, en segundo lugar, apostou por unha formación que responda ás necesidades e oportunidades do medio rural e, doutra banda, indicou os programas da Xunta de Galicia que ofrecen unha formación dixital, flexible, adaptada e continuada ao longo de toda a vida laboral das persoas traballadoras. M. LAVANDEIRA