Formando a coidadores profesionais de persoas dependentes en Carballo

Obradoiro de emprego
Manuel Lavandeira
Alumnado do obradoiro de emprego Carballo Coida realizando prácticas. Foto: Concello de Carballo

Carballo. O alumnado-traballador do obradoiro dual de emprego Carballo Coida, que está a formarse na atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, comezou coa segunda quenda de prácticas. Esta semana incorporáronse outros nove alumnos e alumnas, que ata o 21 de xullo traballarán en dúas entidades diferentes para coñecer o traballo con persoas maiores, por unha banda, e con persoas con discapacidade, pola outra.

O obradoiro dual é un proxecto impulsado pola Concellaría de Formación e Emprego en coordinación coa de Igualdade e Benestar, coa intención de paliar o problema da falta de persoal coa titulación necesaria para a inserción laboral. M. LAVANDEIRA