Golmar recupera a festa do Samaín

Celebración
Manuel Lavandeira
Nenos e nenas que participan no obradoiro. Foto: C. da Laracha

A Laracha. Dezaséis nenos e nenas celebraron no Centro de Interpretación de Golmar o Samaín, unha festa tradicional do rural galego, co acendido dunha cartela, contos na lareira, proxección de sombras, obradoiros orixinais, colares de castañas, valeirado de cabazas e moitas outras sorpresas. M. l.