Gumersinda Castro súmase ao colectivo de veciños centenarios da Laracha

Aniversario
Manuel Lavandeira
Gumersida Castro recibiu os parabéns do alcalde, á dereita, e da concelleira Rocío Rópez, segunda pola esquerda. Foto: C. L.

O Concello da Laracha conta cunha nova persoa que alcanzou o século de vida. A súa veciña Gumersinda Castro Pombo, natural de A Amexeira (parroquia de Coiro), cumpriu os 100 anos de idade e celebrouno xunto aos seus familiares na residencia da terceira idade Avós Felices na que vive actualmente.

O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira Rocío López, agasallárona en nome da Corporación municipal cunha placa conmemorativa e un ramo de flores.

No Concello da Laracha están empadroadas once persoas con máis dun século de vida, das cales nove son mulleres e dous son varóns.