Haberá cortes de auga en núcleos de Torás e rúas da Laracha o martes

Subministros
Manuel Lavandeira
A Avenida de Caión será unha das zonas afectadas polos cortes de subministro de auga. Foto: Concello da Laracha

Con motivo das obras de mellora na rede de distribución de auga da Laracha que se están a realizar na confluencia da Avenida Fisterra coa Avenida de Caión, xunto á Praza do Concello, Viaqua –a empresa concesionaria do servizo- informa do corte do subministro en determinadas rúas do casco urbano larachés e en varios núcleos de poboación da parroquia de Torás o próximo martes, 8 de xuño, desde as 9.00 horas e, previsiblemente, ata as 17.00 horas.

As zonas afectadas por esta circunstancia son Avenida de Caión, Avenida Fisterra (soamente os edificios números partes do 38 ao 46), as rúas Silverio Moreda e Río Anllóns, e os núcleos de Estramil, A Barreira, O Campo, Vilasuso, Riotorto, Mirón e A Gándara. O Concello agradece a comprensión da veciñanza e dos establecementos comerciais afectados ante as molestias que poidan ocasionar as obras, que son necesarias para continuar garantindo a maior calidade no subministro de auga.