Habilitan zonas de lavado de bicicletas en Corme e Ponteceso

Están ubicadas en las áreas de autocaravanas de dichas localidades
Servicios
Manuel Lavandeira
Área de lavado de bicicletas en el espacio de autocaravanas de Corme. Foto: Concello de Ponteceso

A área de servizo de autocaravanas de Corme foi complementada cunha zona de lavado de bicicletas de montaña para que as persoas que realicen rutas con estes vehículos poidan levalas limpas no coche ou gardalas nas casas e trasteiros.

Este punto de lavado de bicicletas súmase ao habilitado na área de autocaravanas de Ponteceso, cuxo servizo está operativo para todos os usuarios desde o pasado 1 de abril.

Dende o Concello pontecesán aclaran que é un servizo “só para bicicletas, os usuarios de calquera outro tipo de vehículos deberán realizar as tarefas de limpeza noutros espazos”.