Homenaxe en Malpica a oito traballadores municipais xubilados

Recoñecemento
Manuel Lavandeira
Membros da corporación, funcionarios cos traballadores municipais xubilados aos que renderon unha homenaxe. Foto: C. M.

O Concello de Malpica de Bergantiños rendeu unha homenaxe aos traballadores municipais xubilados. O evento celebrouse no restaurante O Esqueiro, con motivo da festividade de Santa Rita de Casia, patroa dos funcionarios da administración local.

Ao acto asistiron os homenaxeados Asunción Loureiro Garrido, Ernesto E. Mancebo Martínez, Carlos Otero Arévalo, Antonio Ures, Carmen Otero Pereira, Jesús A. Fernández Rama, Amado Segade Santos e José Ramón Baldomir. Tamén participaron os funcionarios e membros da corporación municipal.