Incendio nun local anexo a un restaurante de Nantón, en Cabana de Bergantiños

Unha traballadora tivo que ser atendida polo 061 debido a unha queimadura sufrida ao intentar apagar o lume // O lume danou o material almacenado e instalación eléctrica
Sucesos
Manuel Lavandeira
Bombeiros de Cee no interior do cobertizo no que se produxo o incendio. Foto: Bombeiros de Cee

Os bombeiros do parque comarcal de Cee tiveron que sofocar un incendio nun cobertizo anexo ao restaurante A Pedra, de Nantón (Cabana de Bergantiños), situado ao carón da estrada AC-552.

Unha traballadora do restaurante tivo que ser atendida polo 061 debido a que sufriu unha queimadura ao intentar apagar o lume. O incendio danou material almacenado no falso teito do cobertizo , os motores das cámaras frigoríficas e a instalación eléctrica. O resto do local veuse afectado polo fume.

Unha vez sofocado e controlado o incendio os bombeiros realizaron unha ventilación forzada do local na zona de comedores, cociña e o bar. Tamén ventilaron o local no que se produxo o incendio.