Íntegro impulsa un curso de limpieza en edificios

Formación
Manuel Lavandeira
Alumnos dun curso anterior impartido na sede de Íntegro, en Cabana. Foto: Asociación Íntegro

cabana. A Asociación Íntegro lembra que as persoas que teñen recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33 % e sigan en situación de desemprego ou inactividade aínda están a tempo de inscribirse no curso de limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais, que porán en marcha o vindeiro día 26 de xaneiro.

O luns, día 10, comezarán coas entrevistas do proceso de selección de candidatos. Trátase dunha acción formativa subvencionada pola Fundación ONCE e cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE), no marco do Programa Operativo POISES 2014-2020.

O curso terá unha duración de 284 horas e incluirá formación teórica específica en materia de limpeza, así como as correspondentes sesións prácticas en empresas. Ademais, levarase a cabo un programa de aprendizaxe transversal e de apoio na posterior busca activa de emprego para promover a inclusión laboral deste colectivo de persoas. M. L.