Izadas as tres bandeiras azuis nas praias de Ponteceso

Medio Ambiente
Manuel Lavandeira
O alcalde, Lois García e as dúas concelleiras do goberno, presidiron o acto de izado das bandeiras. Foto: C. de Ponteceso

As tres bandeiras azuis do Concello de Ponteceso xa ondean de novo nas praias de Balarés, A Ermida e Osmo. Un ano máis, a fundación Adeac recoñeceu “a mellora permanente dos servizos que prestamos na costa”, aseguran dende o goberno local, que preside Lois García.