Izado das bandeiras azuis nas tres praias de Carballo

Praias
Manuel Lavandeira
Izado das bandeiras azuis nas tres praias de Carballo. Foto: C. de Carballo

O concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Vales, presidiu este sábado o acto de izado das bandeiras azuis e EMAS nas praias de Razo, Baldaio-As Saíñas e Pedra do Sal, e tamén colocaron o diploma do Sendeiro Azul e, en Razo, a bandeira do orgullo. Participaron tamén o coordinador de Protección Civil, Javier Souto; o presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, Juan Barca, e os socorristas.