Laracha prevé acondicionar viais en corenta e dous núcleos

Infraestruturas viarias
Manuel Lavandeira
Melloras acometidas con anterioridade na estrada de O Igrexario de Montemaior. Foto: Concello da Laracha

A Laracha. A Corporación da Laracha debate este venres, día 7, o orzamento municipal para 2022, que contempla un total de 834.300 euros para a mellora da rede viaria municipal. Así, vanse incluír actuacións desas características en estradas de corenta e dous núcleos de poboación e os seus accesos situados nas trece parroquias.

En concreto, as vías afectadas son as dos núcleos de Paredes, O Igrexario e San Paio, en Erboedo; Novás e A Ferrulleira e estrada entre O Coto e As Meneiroas, en Coiro; O Vilar, Os Bidueiros e A Abeleira e estrada entre Groba e O Vilar do Boi, en Soutullo; O Igrexario e As Talladas, en Golmar; O Canle, O Cruceiro Novo (inclúe mellora da rede de pluviais) e Samiráns, en Lendo; Os Currais e estrada desde A Rabadeira ata O Igrexario, en Lestón; Os Meáns e O Formigueiro e estrada desde A Botica ata O Pino, en Vilaño; A Portela e A Barreira, estrada entre a Avenida de Caión e O Campo e estrada entre Riotorto e a vía provincial DP 0513, en Torás; O Raño, O Penedo, Adrán e a Carballa Redonda e estrada entre A Baiuca e A Pena, en Montemaior; A Braña e O Cancelo, en Cabovilaño; Borreiros e Curros, en Soandres; A Fontaíña e Proame, en Lemaio; e Cima de Vila, en Caión. M. L.