Licitan tres actuacións para reducir o risco de inundacións en Carballo

Infraestruturas
Manuel Lavandeira
Imaxe dunha inundación que afectou ao casco urbano de Carballo. Foto: C. C.

Carballo. A Consellería de Infraestruturas licitou a redacción dos proxectos construtivos para impulsar tres das actuacións necesarias para reducir o risco de inundación no río Anllóns, ao seu paso polo concello de Carballo, que suporán un investimento de 3 millóns de euros.

Concretamente, o contrato engloba a redacción do proxecto construtivo para a demolición dunha edificación, a remodelación da ponte e creación dunha canle de augas altas na rúa Sol e do plan para a remodelación da ponte da rúa Fomento e da canle e motas de contención augas abaixo. Inclúe tamén a elaboración do proxecto de demolición da ponte de San Martiño e da nova ponte da rúa Deza á rúa San Xoán. M. L.