Localizan o corpo sen vida da moza que desapareceu o sábado en Carballo

Desaparición
Manuel Lavandeira

Esta tarde, pouco despois das 19.00 horas, foi localizado o corpo sen vida de Galia Baba Chamah, a moza de 24 anos, que estaba desaparecida desde as 19.00 horas do pasado sábado en Carballo. O cadáver foi descuberto por unha das persoas que participaba no dispositivo de busca nun terreo próximo ao lugar do que desaparecera, e da vivenda na que residía, xunto coa súa parella e a familia deste, no núcleo de Bértoa. A Garda Civil, á espera do que dictamine a autopsia, sinalou que non se aprecian “signos de intervención de terceiras perosas no falecemento”.

Aínda que nas últimas horas se difundira unha información acerca de que un home que fora condenado por un delito sexual se atopaba pola zona, fontes da Garda Civil rexeitaron calquera vinculación do mesmo coa desaparición da moza, que era de orixe saharuí.

Ao dispositivo de búsqueda sumáranse no día de hoxe o equipo técnico de drons da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) e tamén os cans de rescate da agrupación de Oroso e do grupo canino especializado na busca de persoas da agrupación Casaga de Ferrol.