Madeira talada ao carón da estrada

Tráfico
Manuel Lavandeira
Madeira depositada á beira da estrada que, segundo o BNG, foi arranxada e limpada hai dous anos. Foto: BNG

A Laracha. O BNG da Laracha denuncia que no cruce da estrada de Tapia, a raíz dunha tala, a madeira quedou “invadindo a vía e sen sinalización ningunha, ademais de haber restos de pólas e cascallos, co perigo que iso supón para a circulación”. Instan ao goberno a actuar en consecuencia. M. L.