Máis de sesenta agrupacións de Protección Civil da provincia recibiron axudas este ano

Protección Civil
Manuel Lavandeira
Gonzalo Trenor con directivos de Protección Civil en Carballo. Foto: Xunta

Carballo. O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, reuniuse en Carballo coa nova directiva da Asociación Provincial de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da Coruña, das que destacou o “importante traballo” que fan no reforzo dos servizos de emerxencias.

Lembrou ademais que a Xunta destinou este ano máis de 118.000 euros para colaborar cos gastos de funcionamento de 61 agrupacións da provincia. As beneficiarias poden investir as axudas na adquisición de equipamento e uniformes ou de equipos de prevención e protección, sempre que se trate de material funxible; en sufragar actuacións e en gastos de mantemento. M. L.