Malpica acolle a exposición ‘Prospectos de cine’ da colección de Gloria Carril

Cultura
Manuel Lavandeira
A mostra pode verse no local social do Fogar dos Pensionistas

O local social do Fogar dos Pensionistas, ubicado na Casa do Pescador de Malpica, acolle durante os meses de xaneiro e febreiro a exposición Prospectos de cine, da colección particular de Gloria Carril Pombo.

A mostra, organizada polo Fogar dos Pensionistas, conta coa colaboración da Confraría de Pescadores e do Concello de Malpica.